O pasado venres o noso club celebrou os seus primeiros corenta anos de vida nun acto ao que asistiron máis de 200 persoas. No acto, celebrado en Chicolino Restauración, puídose ver por primeira vez o documental 40 anos de Maraxe, dirixido por Pablo Chouza, onde se repasa a nosa historia contada por algúns dos seus protagonistas.
Ademais da proxección no acto interviron o noso presidente Daniel Vázquez, o alcalde José Ramón Romero e o director do documental Pablo Chouza.
Desde o club gustaríanos agradecer a tódolxs remeirxs, socixs, familiares e afección que estiveron connosco nun día tan especial e emotivo para a historia do club e do concello.